Esta madrugada faranse tres anos do ataque que as tropas militares norteamericanas e británicas lanzaron contra o Iraq para derrocar o seu presidente Saddam Hussein, que foi capturado tres meses despois. Este aniversario prodúcese nun momento especialmente delicado, días despois de que os Estados Unidos lanzasen a súa ofensiva aérea máis dura dende a guerra, coa Operación Enxame. A escalada de violencia que vivida no último mes entre xiís e sunís, desencadenada no pasado mes de xaneiro co antentado contra a mesquita xií de Samarra, que causou ducias de mortos, motivou unhas declaracións do ex primeiro ministro iraquí Ijad Alaui á BBC nas que define a situación do país como de "guerra civil". Sen ir máis lonxe, neste domingo morreron outras 14 persoas en ataques e enfrontamentos en Iraq, malia as especiais medidas de seguridade tomadas con motivo do aniversario.