O Goberno dos Estados Unidos declarouse "aberto" a tratar con Irán a estabilización de Iraq, deixando á parte a desputa nuclear que manteñen Teherán e Washington. A oferta partiu dos iranís, despois de tela rexeitado durante meses -os ayatolás nunca lles pediran diálogo en 27 anos-. O dossier nuclear iraní está sendo estudiado no Consello de Seguridade da ONU, e a nova Estratexia de Seguridade Nacional (ESN) dos Estados Unidos, inaugurada onte sobre a provincia iraquí de Salaheddin, apuntaba a Irán directamente. O presidente Ahmadinejad anunciou que este 20 de marzo a bolsa de petróleo mudaría o dólar polo euro como moeda de cambio, e a ameaza -relativa- segue en vigor. Segundo a última enquisa de Gallup para USA Today e CNN, a evidencia de 2.308 mortos e máis de 17.000 soldados estadounidenses feridos -os civís mortos carecen de rexistro oficial- desde o comezo da invasión de Iraq marcou un mínimo histórico do 36% nos índices de popularidade de Bush en ano electoral. Tras a primeira noite da Operación Enxame, o exército estadounidense-iraquí trata de esparexer á resistencia suní que intenta afortalarse preto de Samarra. Ao sureste de Irán, 21 persoas morreron nun ataque de rebeldes disfrazados de policías, en circunstancias aínda por esclarecer.
Máis información nas webs da BBC e Al Iasira.