Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR DIVERSAS IRREGULARIDADES VENCELLADAS A ASUNTOS PETROLEIROS

A fiscalía boliviana acusa a catro ex presidentes de corrupción

Hai tempo que o Movemento ao Socialismo, o partido do actual presidente de Bolivia, Evo Morales, presentara varias denuncias contra varios ex mandatarios do país, a última hai unha semana e contra Eduardo Rodríguez, o antecesor de Morales no cargo, por un presunto caso de sometemento a intereses extranxeiros e espionaxe. A fiscalía xeral pediu este xoves o procesamento dos ex presidentes Sánchez de Lozada, Jorge Quiroga e Carlos Mesa, acusados de presuntas ilegalidades na sinatura de contratos con petroleiras internacionais.

- 08:58 17/03/2006
Tags:

"Hai indicios abondo de culpabilidade para pedir que se tramite diante do Congreso a autorización correspondente para iniciar un proceso xudicial de responsabilidades", indicoulle este xoves aos xornalistas o fiscal xefe boliviano, Pedro Garea. Alén dos tres mandatarios, a acusación implica a catro ex presidentes da petroleira estatal e a oito ex ministros de Hidrocarburos.

Ademais, o ex presidente Sánchez de Lozada, que estivo no cargo entre 1993 e 1997, e nun segundo período entre os anos 2002 e 2003, afronta unha acusación de xenocidio pola morte de 60 persoas na represión contra as marchas que se convocaran na súa contra hai tres anos.

Poden ampliar na prensa boliviana: La Razón, El Diario e La Prensa.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: