"O PPdeG non está á altura das circunstancias". Esta era a opinión manifestada este martes polo vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, ao fío da súa propia oferta o día anterior aos populares para accederen á presidencia da comisión estatutaria e a resposta ao respecto de Alberte Núñez Feijoo. Lembrámoslles que o líder do PPdeG evitou pronunciarse sobre a condición que Quintana lle pedira: "un plan de traballo claro", e insinuando presunta desavinza entre os socios do bipartito desafiou ao vicepresidente a manter a oferta cando Touriño volvese da súa actual viaxe. Na mesma liña, o voceiro parlamentario dos populares, Xosé Manuel Barreiro, considerou "razoábel e lóxico" que o seu partido asuma a presidencia estritamente por seren o grupo con maior número de escanos.