Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS SOCIALISTAS REXEITAN A PROPOSTA DE QUINTANA

O PPdeG disposto a aceptar o convite a presidir a comisión estatutaria

"É unha proposta intelixente, e nós sempre lle dicimos que si a estas ofertas". Así se refería o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, á por aberta polo vicepresidente da Xunta e voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, a que os populares presidan, como pretendían, a comisión para a reforma do Estatuto de Galiza. O voceiro parlamentario dos socialistas, Ismael Rego, amosábase escéptico sobre esa posibilidade, laiándose da actitude pouco dialogante que estarían ofrecendo os populares. Ao respecto, o propio Quintana lembráballe a Feijoo a condición de presentaren "un plan de traballo claro e con prazos e detalles avaliábeis". Así e todo, o líder do PPdeG evitaba facer promesa de plan ningún e desafiábao a manter a proposta á volta de Touriño de Arxentina.

  • O BNG aceptaría concederlle a presidencia da comisión estatutaria ao PPdeG

- 09:25 14/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)