Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TOURIÑO ANUNCIA A SÚA CREACIÓN PARA ESTE MESMO ANO

Bos Aires acollerá a primeira delegación da Xunta no exterior

"Queremos que a Xunta estea preto da emigración, e non coma deica agora, que os emigrantes debían andar atrás da administración", afirmou o presidente da Xunta durante un acto con máis de cinco milleiros de emigrantes na capital arxentina. Emilio Pérez Touriño revelaba así a intención do bipartito de que este mesmo ano o goberno galego teña unha delegación administrativa en Bos Aires, a primeira no extranxeiro, onde atenderá aos máis de cen mil galegos residentes na cidade.

- 07:56 13/03/2006
Tags:

"Se hai unha delegación da Xunta nas outras catro provincias galegas, ten que haber representación oficial aló onde hai máis galegos, na quinta provincia", explicou o presidente da Xunta. Emilio Pérez Touriño lembrou tamén a promesa de creación da figura do Valedor do Emigrante, que este mesmo ano se debaterá no Parlamento da que precisou que se pretende que o novo Estatuto a recolla de xeito específico e anunciou que se creará un rexistro oficial de emigrantes. "Todo galego, viva onde viva, terá dereito en tempo real a acceder á información sobre todos os programas e axudas da Xunta de Galiza", indicou ao respecto da que será a primeira delegación da Xunta no exterior, alén da que, baixo o modelo de Fundación, xa existe en Bruxelas, e da que tamén se anunciara hai pouco a súa reformulación.

O Estatuto, visto desde Bos Aires
"Feitos tan memorábeis e imborrábeis coma o noso himno ou a nosa bandeira foron decididos desde o exterior, motivo polo que á emigración, e a Arxentina de xeito moi especial, debémoslle a nosa identidade como país", afirmou Emilio Pérez Touriño durante a presentación en Bos Aires, no Centro Galiza, da exposición "25 anos de Estatuto de Autonomía". Touriño quixo destacar "o papel da emigración en feitos históricos coma a redacción do vixente Estatuto" e puxo exemplo na "inxente labor a prol do autogoberno galego de figuras literarias como Eduardo Blanco Amor ou Rafael Dieste, activos colaboradores dende a emigración" e insistiu en que o traballo activo a prol de Galiza dos emigrantes deixou "pegada indelébel na formación da identidade de Galiza como país".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: