Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS SINDICATOS REÚNENSE A SEMANA QUE VÉN PARA PLANIFICAR ACCIÓNS CONXUNTAS

A industria láctea non cede

A Mesa do Leite non serviu esta vez para achegar posturas entre produtores e industria. A Fenil falou polas industrias e recorreu aos vellos argumentos para xustificar a baixada do prezo en orixe: o Estado español produce 6 millóns de toneladas e consume 9. Ao dato estrutural engadiron -a xeito de solución- que a Xunta paliase mediante subvencións as perdas dos produtores, algo prohibido expresamente pola Política Agraria Comunitaria. A idea da industria agora é baixar o leite en 2006 até un 4% con respecto á media de 2005. Os sindicatos reuniranse a semana que vén para planear accións conxuntas contra a industria.

- 14:43 10/03/2006
Tags:

"Nós seguiremos traballando en prol do diálogo social", din en Medio Rural. A proposta da consellaría, á parte de continuar favorecendo as reunións periódicas da Mesa do Leite, pasa por constituír unha mesa de traballo para artellar os baremos dun sistema equilibrado de fluctuación do prezo do leite, con vistas á vindeira campaña. "Fixemos todo o que puidemos", sinalan. Entre os esforzos suplementarios, a consellaría conta incluír ás distribuidoras na discusión sobre o leite como producto chamada nas baldas dos supermercados.

Si houbo acordo na vontade de introducir maior transparencia na factura. Medio Rural propuxo un modelo fixo para universalizar a factura dos gandeiros, independentemente da industria que lles recolla o leite. Agora cómpre fixar os parámetros.


0/5 (0 votos)