Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A POLICÍA NON ATOPA OS DIRETIVOS QUE ÍA DETER

O goberno español di que a acción policial contra Repsol en Bolivia "é inxusta"

A fiscalía boliviana acusa a Andina, filial de Repsol YPF no país, de contrabando de petróleo cara a Arxentina e Chile. Aínda que o xuíz ordeara suspender a investigación e desviar o caso, presunto delicto por valor de case 8 millóns de euros, para trámite administrativo, fiscal e policía entraron este xoves nas oficinas da empresa en Santa Cruz coa intención de deter dous dos seus executivos, que finalmente non econtraron nas oficinas. A dirección de Repsol cualificou esta acción de "aplanamento" e laiouse de que se produza logo da recente xuntanza do presidente de Bolivia, Evo Morales, co presidente de Repsol, Antoni Brufau, que segundo afirman abriu "un clima de diálogo sincero e construtivo".

- 13:02 10/03/2006
Tags:

A fiscalía buscaba na sede de Andina na cidade de Santa Cruz ao presidente de Andina, filial boliviana de Repsol, e ao seu director de operacións, Pedro Sánchez. Con tal fin promoveu unha ampla operación na que participaron dúas ducias de policías que rexistraron nas últimas horas as oficinas da empresa, sen encontrar finalmente aos executivos. A fiscalía anunciou que continuará a busca destas dúas persoas, implicadas nun presunto delicto por valor de 7.7 millóns de euros.

Desde Madrid, Repsol emitiu un comunicado onde subliña a "inocencia" dos seus representantes en Bolivia. Mentres, o equipo de avogados que defende a Andina denunciaba que a operación policial foi "completamente ilegal". Ao tempo, e desde Perú, onde estaba en visita de traballo, o secretario de Estado para Asuntos Exteriores do goberno español, Bernardino León, aseguraba que a acción da fiscalía "é inxusta e irregular", subliñando a preocupación do executivo pola operación. "Repsol realizou un gran labor en Bolivia e está comprometida co presente e co futuro deste país", afirmou León.

Na prensa boliviana: La Razón, El Diario e La Prensa.

Na prensa económica: Cinco Días e Expansión


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: