Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONDUTORES PROFESIONAIS TEÑEN A CUARTA PARTE DOS ACCIDENTES

A sinistralidade entre os mozos nas estradas galegas dobra á do resto do Estado

Máis rádares e sinais e esforzo para trasladarlle aos cidadáns a necesidade de reforzar a atención, tanto ao volante coma os propios peóns. Esa é a receta que propuxo na Coruña esta semana o director xeral de Tráfico, Pere Navarro, lembrando que o 85% dos sinistros débense a factores humanos, cun 10% debido ao mal estado das infraestruturas. Ao tempo, as cifras apuntan que se ben no Estado morren 98 mozos ao ano en accidentes de circulación cada ano, en Galiza esa taxa sobe a 200 mortes. Por outro lado, a consellaría de Política Territorial vén de asinar un convenio coa Asociación Española da Estrada coma parte da elaboración do Plan Galego de Seguridade Viaria. En cifras concretas o obxetivo é reducir o número de mortes nas nosas estradas á metade nos próximos catro anos.

- 09:55 10/03/2006
Tags:

"Seguridade vial: accidentes de tráfico con participación da mocidade" era o tema da conferencia este xoves na Coruña de Pere Navarro, diretor xeral de Tráfico. Navarro gabou a próxima introdución do carné por puntos e amosouse favorábel á introdución de limitadores de velocidade, toda vez que o exceso de velocidade é unha das causas habituais de accidentes nas estradas. Tamén destacou o amplo número de accidentes protagonizados por mozos onde se detectou que o condutor consumira alcohol e avanzou que a promoción da figura do conductor alternativo, promovendo que os mozos se turnen ao volante cada fin de semana, será un dos plans a promover pola DXT.

Por outro lado, desde a UXT advertían esta semana que o 24% dos accidentes que se producen en todo o Estado teñen a condutores profesionais entre os seus implicados. Desde a Federación de Transportes deste sindicato, FTCM-UXT, e como parte da campaña "Transporte por estrada: a vida non é unha carga", tratarán por iso de concienciar a empresarios, traballadores e administracións sobre esta situación.

Lembran que estas cifras de sinistralidade superan incluso ás do sector da construción e achegan datos de 2004, ano no que 295 condutores profesionais perderon a vida na estrada, 381 sumando a cifra de acompañantes que morreron, e que incluíndo as vítimas dos outros coches implicados nos accidentes suma 733 persoas falecidas ao cabo do ano.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: