Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A PRIMEIRA VEZ QUE A XUNTA SE SUMA OFICIALMENTE Á CELEBRACIÓN

Denuncia da temporalidade e os accidentes laborais no Día da Clase Obreira Galega

Cada 10 de marzo vense lembrando en Galiza o que acontecera en Ferrol nesa data o ano 1972, cando os traballadores de Bazán se botaron unha vez máis á rúa para denunciar o seu conflito laboral e pedir a solidariedade dos cidadáns e a pé da Ponte das Pías a policía abriu lume contra eles. Foron ducias de feridos e dúas mortes: Daniel Niebla e Amador Rey. Co proceso de diálogo social entre sindicatos e patronal aberto esta mesma semana, á proposta do BNG para institucionalizar esta conmemoración, sumáronse este xoves no Parlamento o PSdeG e o PPdeG.

- 08:11 10/03/2006
Tags:

Trátase dunha reivindicación tradicionalmente apoiada por socialistas e nacionalistas e da que os sindicatos subliñan que desta volta servirá tamén coma parte do camiño para responder á "débeda que existe cos traballadores represaliados durante o franquismo". Ao fío, e aínda que o PPdeG decidiu apoiar a reivindicación, desde este partido advertían que é unha proposta que pode "remover vellas pantasmas e feridas".

A maior actividade nesta data chega por parte da Confederación Intersindical Galega, que organizará actividades en todas as cidades galegas. A CIG escolleu destacar este ano a campaña "Sinistralidade laboral, responsabilidade patronal", e chaman por este motivo a concentrarse diante das sedes da Confederación de Empresarios de Galiza. Ao tempo, convocan cadansúa manifestación nas cidades de Vigo e Ferrol.

Lembrámoslles que en 2005 houbo preto dun milleiro de accidentes graves no contorno laboral e case cen mortos, cun índice de mortalidade do 12.5 por cada 100 mil habitantes, moi por riba do 6.7 estatal e do 1.74 de media nos países máis desenvolvidos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: