Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CONSELLEIRO DI QUE ESE PROXECTO NON SOLUCIONARÍA O PROBLEMA NA RÍA

Medio Ambiente descarta o polígono Barro-Meis para o traslado de ENCE

A papeleira de ENCE sairá de Pontevedra a curto prazo pero non irá para o Salnés. Así llo asegurou este mércores o conselleiro de Medio Ambiente aos alcaldes da comarca, descartando a posibilidade de que a súa ubicación pasase ao futuro polígono de Barro-Meis, posibilidade avaliada positivamente desde a consellaría de Industria. Manuel Vázquez explicou que media ducia de consellarías xa traballan na definición de proxectos ao respecto e que este mesmo mes podería haber novidades sobre as propostas para o traslado.

- 08:24 09/03/2006
Tags:

Ademais de Industria, as consellarías de Medio Ambiente, Traballo, Vivenda e Solo, Economía e Medio Rural están implicadas na análise da situación creada pola factoría de ENCE en Lourizán e a avaliación da súa futura ubicación. Este mesmo mes debería estar concluído un primeiro informe desde cada un destes departamentos sobre o futuro posíbel para a factoría.

Segundo o responsábel de Medio Ambiente, a Xunta vaille presentar á empresa "un plan apetecíbel para que ese traslado se produza moito antes de 2018", ano no que remata a concesión para o uso dos terreos. Vázquez fixo estas declaracións ao fío da xuntanza con alcaldes do Salnés, insistindo en que o bipartito estudará propostas que en ningún caso zouparán na ría de Arousa. "Trasladar o problema actual da celulosa a pé da ría de Pontevedra a só doce kilómetros desa mesma ría non é unha solución", indicou ao respecto.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: