Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE MÉRCORES PRESENTA OS SEUS NOMES O PPdeG

PSdeG e BNG xa escolleron os representantes para a comisión estatutaria

O voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, estará á cabeza da representación do seu partido na comisión do Parlamento para a reforma do Estatuto de Galiza. Acompañarano as deputadas Beatriz Sestayo e Laura Seara e os deputados Francisco Cerviño e Abel Losada. Na ponencia parlamentaria, á beira de Rego sentarán os deputados Xaquín Fernández Leiceaga e Pablo López Vidal. O BNG, que fora o luns a primeira formación en anunciar os seus representantes, escolleu a Carlos Aymerich, María Xosé Vega e Pablo González Mariñas. Desde o PPdeG aseguran que xa elixiron tamén a súa representación aínda que non a fixeron pública até o momento.

- 07:43 08/03/2006
Tags:

O propio Aymerich anunciara o luns quen serían por parte do BNG os encargados da negociación directa cos outros grupos parlamentarios neste proceso de reforma estatutaria. O deputado nacionalista explicou a escolla de González Mariñas, actual voceiro de administracións públicas do Bloque, en razón da súa ampla formación no eido xurídico e político e destacou da deputada luguesa María Xosé Vega o seu bagaxe económico e financieiro. Ao tempo, o BNG escolleu a Bieito Lobeira, voceiro nas áreas de lingua e pesca, coma suplente no seu caso dos anteriores.

Os mesmos criterios guiaron a escolla do PSdeG, presentada este martes por Ismael Rego, quen destacou que coa selección os socialistas buscaron cubrir todas as áreas posíbeis, desde a estritamente xurídica até a económica e social. Os socialistas suman así a Abel Losada, titular de Historia e Institucións Económicas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo; a Francisco Cerviño, membro da comisión de Sanidade, Política Social e Emprego; Laura Seara, secretaria de Igualdade da executiva do PSdeG;

A voz dos colectivos sociais
O modelo de traballo acordado permitirá tamén as comparecencias de diferentes colectivos sociais. Socialistas e nacionalistas xa se amosaron dispostos a que distintas asociacións sindicais, culturais, ecoloxistas e doutro tipo poidan ter voz neste proceso que neste sentido podería incluír até máis de medio cento de intervencións. Malia todo, non está claro se lle van abrir espazo á participación doutras formacións políticas, aspecto no que o BNG xa se amosou reticente. Sobre esa posibilidade, desde Esquerda Unida e o Partido Galeguista xa teñen amosado a súa disposición a participar neste proceso.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: