Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A DIFICULTADE DE ATOPARLLE ACOMODO Á PAPELEIRA

O alcalde de Barro disposto a renunciar ao polígono industrial se a Xunta o propón coma sede da celulosa

"Descartamos clara e rotundamente esa posibilidade e en último caso mesmo estariamos dispostos a paralizar o expediente de construción do polígono". Así llo aseguraba hai un mes a Vieiros o alcalde de Barro, o popular Xosé Antonio Landín Eirín. Logo que o Faro de Vigo revelase esta fin de semana que o informe sobre as posibilidades de traslado promovido pola consellaría de Industria estivo no Consello da Xunta da pasada semana, os gobernos municipais das comarcas do Salnés e Pontevedra reafírmanse no rexeitamento a facerlle espazo á celulosa de ENCE.

- 07:32 06/03/2006
Tags:

"Ninguén nos consultou nin nos pasou o informe, malia que si temos constancia da súa existencia", comentara o alcalde de Barro. Ao tempo, e sobre unha hipotética presencia dunha delegación do concello na mesa de traballo promovida polo goberno galego que no futuro debatera cos representantes municipais a posíbel instalación da celulosa de ENCE, Landín avisa que o seu Concello "non participaría" nesa reunión, xa que "descartamos clara e rotundamente esa posibilidade e en último caso mesmo estariamos dispostos a paralizar o expediente de construción do polígono".

Sobre o asunto coincide o alcalde de Meis, tamén do PPdeG, Xosé Luís Pérez, quen se manifesta a prol da paralización do polígono industrial en proxecto que ocuparía terreos dos dous concellos veciños de Barro e Meis. Pérez afirma estar disposto a renunciar a esa obra se así se impide que ENCE se asente alí, subliñando que no seu momento xa se estableceron no seu plan as cancelas necesarias para impedir a chegada de industrias contaminantes. Ao respecto, asegura que na recente visita que Emilio Pérez Touriño realizou á comarca, o presidente da Xunta teríalle asegurado que este lugar non era o máis axeitado para o traslado de ENCE.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: