Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CIG e CAF organizan un xantar conmemorativo

150 anos do Banquete de Conxo

Tal día coma hoxe de 1856 no concello de Conxo (agora barrio compostelán) obreiros artesáns e estudantes celebraban un xantar de confraternidade, organizado por Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre e que contou con ilustres comensais como Rodríguez Seoane, Camino, Manuel Murguía e Rosalía de Castro. Todos estes daquela eran mozos que formaban part do Liceo da Mocidade Compostelá. 150 anos despois varias celebracións lembran este banquete. A máis formal organízana os obreiros e estudantes nacionalistas do 2006: CIG e CAF. Será un banquete en Compostela -non en Conxo- no que ademais participarán representantes de organizacións culturais e sociais, do mundo das letras, da cultura en xeral e dos medios de comunicación. Aquí poden ver unha lista dos primeiros asistentes confirmados. Por outra banda a celebración esmorgueira-retranqueira si que será en Conxo, organizada pola FREAC (Frente Retranqueira Anti Colonial), cambiando a mesa e o mantel por botellón e fillo/as da Galiza. Máis información na web da VA-CA, que mesmo contén un spot para invitar á festa. Para saber máis sobre o banquete de Conxo orixinal e as súas posteriores conmemoracións recomendámoslles os artigos de Luís Gonçales Blasco (Foz) publicados por Vieiros en semanas pasadas.

- 09:29 02/03/2006
Tags:


5/5 (1 votos)