Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LENTO AVANCE CARA A REFORMA DO ESTATUTO

Os partidos desputan agora a presidencia da comisión estatutaria

Non parece probábel que PSdeG e BNG vaian a atender a petición do PPdeG para que sexa un deputado deste partido o que presida a comisión de estudo do novo Estatuto no Parlamento, logo do complicado consenso que se acadou esta mesma semana para a metodoloxía de traballo neste proceso. Á beira socialistas e nacionalistas teñen a súa rivalidade particular ao respecto dese posto, para o que os primeiros propoñerían ao deputado Xaquín Fernández Leiceaga e os segundos a Pablo González Mariñas.

- 07:32 02/03/2006
Tags:

Despois do informe dos servizos xurídicos do Parlamento, que os tres grupos parlamentarios interpretaron coma aval posíbel ás propias teses que cada un deles defendía para o proceso de reforma estatutaria, o consenso chegou esta semana cun modelo de traballo que vén a consensuar as diversas posicións de cada un dos partidos.

Deste xeito, crearase por un lado unha ponencia parlamentaria que contará cunha representación similar, tres deputados por cada unha das formacións ao xeito do que pedían PSdeG e BNG, e aos que lles corresponderá a elaboración dun borrador do texto. Á beira, vaise crear tamén unha comisión de estudo, á que lle corresponderá a análise e avaliación dese documento e na que si haberá unha representación proporcional aos escanos que cada grupo ten na Cámara, distribuíndose sete membros para o PPdeG e cinco e tres para socialistas e nacionalistas respectivamente. A proposta saída desta comisión de estudo chegará á Comisión Primeira do Parlamento, que tramitará o proxecto para o seu envío ao pleno, onde se votará.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: