Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FALAN DE MANIPULACIÓN PORQUE A INDEPENDENCIA DOS INFORMADORES "É IMPRESCINDIBEL"

O PP asegura que a dirección da CRTVG atenta "contra a independencia dos xornalistas"

Tras dezaseis anos de profunda xestión da radio e a televisión autonómicas, con denuncias particulares e colectivas de control mediático, o deputado do PPdeG na comisión de control da CRTVG, Diego Calvo, critica con afouteza o Plan de Actuación da compañía para 2006 por "atentar contra a independencia dos xornalistas". O PPdeG vén de remitirse á lei de creación da CRTVG, artigo 16, o que fala de obxectividade, libertade de expresión e imparcialidade das informacións, para asegurar que a actual dirección pretende "cambiar a filosofía dos redactores". Invocan tamén a Constitución para rescatar o dereito "á libre información sen censura previa".

- 17:42 23/02/2006
Tags:

"Debemos estar especialmente vixentes ante calquera actuación que poida incidir na obxectividade, a pluralidade, a imparcialidade e a independencia dos profesionais dos medios públicos de comunicación de Galiza".

Esta foi sempre a filosofía dos informativos da CRTVG -segundo Calvo-, e polo tanto "é gravísimo calquera intento de cambiar, orientar ou inventar novos principios".

Para o PPdeG, que se pretenda condicionar o criterio dun profesional do xornalismo é algo "escandaloso".


0/5 (0 votos)