Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIO CENTO DE MORTOS NAS ÚLTIMAS HORAS

Violentos enfrontamentos en Iraq entre xiís e sunís

"Debemos traballar xuntos contra o perigo dunha guerra civil", pediu este mércores o presidente iraquí, Ialal Talabani, advertindo contra o inestábel escenario que empeora no país nas últimas horas. Talabani dixo ver no ataque contra a importante mesquita xií de Samarra un intento de sabotaxe contra as negociacións que estes días se manteñen para o deseño dunha coalición de goberno que consensúe as posicións das dúas principais comunidades relixiosas do país.

- 09:15 23/02/2006
Tags:

"Declaro tres días de dó coa esperanza de que o noso heroico pobo consiga a unidade islámica e a unidade de Iraq", afirmou o primeiro ministro iraquí Ibrahim al-Iafari. Polo momento, ningún grupo reclamou a colocación do explosivos na mesquita xií de Askari, en Samarra, pero na última hora chega noticia das primeiras detencións polo presunto vencello con ese ataque.

A situación creada puxo en risco de guerra civil ao país impulsando un regueiro de enfrontamentos entre as comunidades xií e suní por todo Iraq. Un amplo número de mesquitas sunís foron atacadas nas últimas horas, causando a morte de ducias de persoas, tres cregos incluídos. O comité de Ulemas suní condenou o ataque á mesquita xií, cualifincándoo de "criminal" e pola outra banda, cregos xiís coma o líder relixioso Muqtada al-Sadr pedíronlle á súa comunidade que se manifeste pacificamente e evite accións de vinganza contra a comunidade suní. Así e todo, a violencia segue sendo protagonista e as últimas novas falan, só en Bagdad, de 47 mortos.

Recomendámoslles seguir a última hora na CNN e en Al Iasira.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: