Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UNANIMIDADE DOS GRUPOS PARLAMENTARIOS

O Congreso aproba facilitar que os inmigrantes voten nas municipais

"A iguais obrigas hai que darlles iguais dereitos", destacou Joan Herrera, o deputado de Esquerda Unida que defendeu esta semana no Congreso a proposta de darlle dereito ao voto nas eleccións municipais aos extranxeiros chegados de países non comunitarios. Así e todo, o documento que finalmente se puido consensuar con todos os grupos recurta a petición inicial deste grupo parlamentario e fixa o requerimento de asinar convenios de reciprocidade cos países de orixe dos inmigrantes para permitirlles votar nos comicios locais.

- 08:12 22/02/2006
Tags:

Na opinión de Joan Herrera esta iniciativa abre camiño cara a "unha democracia plena diante da actual que se encontra amputada porque cidadáns que viven e traballan con nós carecen dese dereito ao voto". Na actualidade xa existen convenios con países coma Arxentina, Chile e Uruguai que fan posíbel ese dereito ao voto.

O inédito consenso nunha votación sobre inmigración, que colleitou tamén o apoio do grupo parlamentario do PP, incialmente máis reticente a esta posibilidade, chega precisamente grazas a esa condición para a esixencia dun convenio previo de reciprocidade co país de orixe do inmigrante, que do mesmo xeito, permitiría que os cidadáns dos respectivos estados asinantes poidan votar nas eleccións municipais. Esta medida non require ademais de reforma legal adicional e correspóndelle ao executivo tomar a iniciativa para a sinatura dos acordos cos países que teñen unha ampla comunidade de inmigrantes no Estado.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: