Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MELLORA NUN 30% O PREZO OFRECIDO ATÉ AGORA

A alemá E.ON lanza unha OPA sobre Endesa por riba da oferta de Gas Natural

O cambaleo que no escenario económico e político viña producindo o anuncio o pasado mes de setembro que Gas Natural facía dunha Oferta Pública de Adquisición de Accións sobre a primeira empresa eléctrica estatal, Endesa, vén de recibir unha inesperada viraxe. Así, Radio Intereconomía avanzaba este luns unha información que este martes confirmaría a Comisión Nacional do Mercado de Valores segundo a cal a eléctrica alemá E.ON lanza outra OPA por un valor significativamente maior. Sobre o asunto falou este martes o conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández Antonio, quen cualificou de "sorpresa" a noticia e chamou a agardar a ver o que sucede nos próximos días. Na súa opinión, a operación anunciada é mostra do "escenario global e de grandes cambios" que lle afecta ao sector.

- 12:10 21/02/2006
Tags:

A Oferta Pública de Adquisición de Accións de Gas Natural sobre Endesa que fora cualificada de hostil pola eléctrica sería agora mellorada até nun 30%, por riba de sete euros máis por cada título, pola empresa eléctrica de capital alemán E.ON.

O rumor que chegou este luns ao mercado bolseiro apuntaba inicialmente cara ao protagonismo nesta contra-OPA da eléctrica RWE, tamén de Alemaña, e disparou a cotización de Endesa até un 2%, quedando nos 25.48 euros ao peche da sesión. Para este mesmo xoves estaba previsto que a Comisión Nacional do Mercado de Valores lle dese adiante ao documento ofertado por Gas Natural.

Última hora na prensa económica: Cinco Días e Expansión.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: