Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
O VALENCIANO É UNHA VARIANTE DA LINGUA CATALÁ

As autoridades lingüísticas reclaman ao PSC que emende o Estatuto valenciano

A Federación Llull e o IEC (Institut d'Estudis Catalans) pídenlle aos deputados e senadores do PSC nas Cortes españoles emenden a denominación 'lingua valenciana' do novo Estatuto do País Valenciano para preservar a unidade da lingua. O presidente do Institut d'Estudis Catalans, Salvador Giner, vén de enviar unha carta a Pasqual Maragall e aos políticos do PSC nas Cortes españolas co pedimento de que se emende o texto para facer constatar, cando menos, que o valenciano é unha variante da lingua catalá. Os socialistas e o PP do País Valenciano pactaron a denominación exclusiva de "valenciano" para a lingua da comunidade. Máis información en Vilaweb

- 23:59 16/02/2006
Tags:


0/5 (0 votos)