Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
IMAXES TOMADAS A FINAIS DE 2003 NO CÁRCERE IRAQUÍ

A ONU urxe á investigación das torturas en Abú Ghraib logo da publicación de novas probas

Cualificando de "profundamente perturbadoras" as novas imaxes sobre o maltrato a presos iraquís no cárcere de Abú Ghraib que este mércores difundía unha canle de tv australiana, un voceiro das Nacións Unidas subliñou a necesidade de que se abra axiña unha investigación ao respecto. O goberno dos Estados Unidos xa lle confirmou á CNN a veracidade das imaxes, pero asegura que proceden dos mesmos feitos acontecidos a finais de 2003 que xa levaran á detención e xuízo de varios soldados e láianse de que se fagan agora públicas agoirando que contribuirán a "alimentar a campaña de violencia" de grupos coma Al-Qaeda.

- 08:14 16/02/2006
Tags:

John Bellinger, voceiro do goberno estadounidense, asegurou logo de facérense públicas estas imaxes que documentan os abusos sobre presos iraquís no cárcere de Abú Ghraib cometidos por soldados dos EUA que eses documentos non se fixeran públicos "en consideración aos dereitos dos propios presos a non seren amosados publicamente". Un representante do exército USA en Iraq insistiu este mércores en que esa imaxes de 2003 "non reflicten a situación actual no cárcere". "É desafortunado que se difundan en momentos nos que só contribúen a acender o lume da opinión pública en todo o mundo", laiouse Bellinger.

Nove soldados foran condenados no proceso posterior á difusión das primeiras imaxes coñecidas sobre os abusos cometidos nesta prisión iraquí. A soldado Linddie England e seu mozo, o cabo Charles Graner, que protagonizan a práctica da tortura na maioría das novas imaxes publicadas, cumpren xa penas no cárcere por período de tres e dez anos respectivamente. A daquela directora da prisión, Ianis Karpinski, fora degradada e o tribunal militar condenouna por neglixencia no seu labor.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: