No Salón do Libro de Casablanca presentouse a primeira tradución ao árabe dunha obra literaria galega: o conxunto de relatos de Álvaro Cunqueiro 'Si o vello Simbad volvese ás illas'. A tradución, obra do escritor marroquí Larbi El-Harti, partiu dunha iniciativa do Pen Clube de Galiza e apoiárona o Instituto Cervantes e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística. A secretaria xeral, Marisol López, explicou durante o acto que ten previsto asinar proximamente outro convenio de colaboración co Cervantes para achegar a lingua e a cultura galegas aos lugares do mundo en que está presente o Cervantes. Ademais da presentación desta obra, celebráronse tamén en Casablanca dúas mesas redondas sobre literatura. O tradutor Larbi El Harti manifestou o seu interese por abordar agora obras de autores de hoxe, como Suso de Toro ou Manuel Rivas.