Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DISPÁRANSE OS PREZOS SEN PLANS PARA REDUCIR A DEPENDENCIA INTERNACIONAL

Suecia desenvolve un proxecto pioneiro para abandonar o petróleo

Máis da metade dos países produtores de petróleo superaron xa o seu punto máximo de produción, que no total do planeta vai alcanzarse antes de 2020, o que á beira do incremento da demanda acelerará o esgotamento das reservas mundiais nas próximas décadas. Pouco parece preocuparlles aos líderes mundiais, que na recente xuntanza do G8 subliñaron a súa preocupación por estabilizar uns prezos que xa están en máximos históricos. Nunha liña estratéxica ben diferente, Suecia anuncia unha iniciativa inédita a nivel internacional para deixar de depender do petróleo nun período de 15 anos.

- 10:43 13/02/2006
Tags:

"Sempre haberá mellores alternativas ca o petróleo, o que quere dicir que ningún fogar necesitará deste tipo de enerxía para obter calefacción e que ningún conductor terá unha única opción de combustíbel". Así o destacou a pasada semana Mona Sahlin, ministra sueca de Desenvolvemento Sustentábel, ao tempo que anunciaba o proxecto do goberno para rematar coa dependencia do país respecto ao petróleo. Na actualidade Suecia cobre a maioría das súas necesidades enerxéticas a través do petróleo, preto do 40%, e da enerxía nuclear e conseguiu xa que a cota enerxética producida polas enerxías renovábeis no país chegue ao 26%, vinte puntos por riba da media da Unión Europea neste apartado.

A meta é que converter a este país de 9 millóns de habitantes no primeiro do planeta que non depende economicamente do petróleo. Con esa fin, un grupo multidisciplinar que integra o sector académico e o empresarial e con representación tamén de colectivos sociais e ecoloxistas e labregos, elabora un informe que será presentado no parlamento do país en poucos meses. As compañías locais de produción de vehículos, Volvo e Saab, xa responderan de xeito favorábel ao proxecto de desenvolvemento de coches propulsados por combustíbeis alternativos. Ademais, a idea do goberno sueco é que o abandono do petróleo non sexa cuberto cun incremento do proxecto nuclear.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: