Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SENTENZA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DA UE

Preparan un plan para frear a ameaza de multa millonaria pola contaminación da ría de Vigo

"A multa inicial pode ser de até 20 millóns de euros e posteriormente chegar a cantidades de 30 ou 40 millóns cada seis meses", así o advertiu este venres o secretario xeral de Relacións Exteriores, insistindo na necesidade de darlle resposta ao aviso da UE pola contaminación da ría de Vigo. Con ese obxetivo, o seu departamento xa coordinou unha primeira xuntanza de representantes das diversas consellarías implicadas para consensuar unha estratexia fronte a esta situación.

- 11:45 10/02/2006
Tags:

Santiago Gómez-Reino quixo advertir especialmente sobre esta recente sentencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea onde se condena ao goberno español por incumprimento da directiva europea sobre calidade das augas a conta das queixas pola cría de moluscos na ría viguesa, instando ao executivo a crear un programa de redución da contaminación.

O secretario xeral de Relacións Exteriores aclarou que a decisión dos tribunais europeos desbota o argumento presentado desde Galiza avalando o rigor do posterior proceso de depuración polo que pasan todos os produtos froito dos cultivos mariños na ría viguesa. Desde o executivo estatal insistírase en que a ría de Vigo só produce moluscos "que son sometidos a un tratamento de depuración" e que "ningunha zona da ría é zona de produción de moluscos destinados ao consumo humano directo". Porén, a sentencia dos xuíces europeos é firme na aplicación da directiva sobre augas con independencia de que os moluscos sexan sometidos a tratamentos posteriores.

"Toda lexislación comunitaria é un factor de modernización da economía", subliñou Gómez-Reino, indicando que as normas da UE "non se fan para amolar a ninguén" e advertindo que en Galiza "non se lle viña adicando a atención necesaria" ao cumprimento da lexislación europea. O secretario xeral agoirou que "virán máis sancións deste tipo" e lembrou ademais que moitas delas son froito das propias queixas dos cidadáns galegos "que cada vez reclaman máis". "Os galegos somos xente intelixente que quere vivir de forma intelixente", advertiu.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: