Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO ANO DA "MEMORIA HISTÓRICA"

PP, PSdeG e BNG poderían consensuar a elaboración dun censo galego de represaliados polo franquismo

"Galiza é unha das dúas ou tres comunidades autónomas onde aínda non hai ningunha medida desta índole", laiouse este xoves Xan María Castro, secretario xeral de CCOO-Galiza, despois da súa entrevista con Dolores Villarino, presidenta do Parlamento. Villarino subliñou a vontade da institución de impulsar proxectos para a compensación aos represaliados polo franquismo. Logo da cara ao Senado de Manuel Fraga, quen non hai moito aseguraba que a historia xulgará "de xeito positivo" a Franco, o PPdeG podería virar a súa tradicional oposición a estas medidas e unirse á iniciativa.

- 07:43 10/02/2006
Tags:

Durante a xornada deste xoves, representantes dos tres grupos no Parlamento galego xa amosaron a súa vontade de reunirse para responder a esa iniciativa e consensuar unha proposta na institución ao respecto. Desde o PPdeG tamén se valorou positivamente esta posibilidade, amosando a vontade de acordar un proxecto conxunto ao respecto con socialistas e nacionalistas.

A proposta de elaboración dun censo galego de represaliados polo franquismo, inclúe o establecemento de compensacións para estes cidadáns "nos casos que teñan cabida dentro da lei" e segundo explicou o secretario xeral de CCOO-Galiza, "serían compatíbeis coas xa aprobadas polo Congreso". Xan María Castro destacou que isto abre a posibilidade de compensar "lega, ética e economicamente aos represaliados polo franquismo".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: