Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A PROL DA INTEGRACIÓN AÍNDA QUE VENCELLAN DELINCUENCIA E INMIGRACIÓN

Os galegos están a prol da chegada de máis inmigrantes "con contrato de traballo"

Hai "bastantes" inmigrantes en Galiza, pero "non demasiados", opinan o 53.6% dos cidadáns, segundo o estudo sobre inmigración que este xoves tamén presentou o Barómetro 2005 da Facultade de Políticas da USC. O profesor Ramón Maiz, un dos autores do informe, destacou que os galegos teñen unha visión "de integración e non asimilacionista" e amosan a "boa disposición a que os extranxeiros veñan coas súas familias e se queden en Galiza, sendo favorábeis ademais a que manteñan a súa cultura".

- 14:21 09/02/2006
Tags:

O 80.7% dos cidadáns das catro provincias galegas aos que se lle preguntou din que as administracións deberan "facilitar a entrada só daqueles inmigrantes que teñan un contrato de traballo", por un 2.8% que apoia a "prohibición" e un 11.3% que apoia a entrada de máis traballadores chegados de fóra sen necesidade de condicións previas. Fronte ao 53.6% dos que opinan que en Galiza hai "bastantes inmigrantes pero non demasiados", un 25.8% asegura que hai "demasiados" inmigrantes e un 16.3% di que son "poucos".

O 49.5% dixeron preferir que os inmigrantes veñan a Galiza con súas familias e se asenten aquí para sempre, por un 16.2% que escollen que "veñan por un tempo sen parentes e logo volvan aos seus países" e un 13.6% que prefire que "veñan cos parentes só por unha tempada". Á beira, a maioría, un 84.12%, está a prol de que alén de aprender a nosa lingua e costumes os inmigrantes manteñan tamén as súas.

O 76.8% opina que a inmigración está cubrindo traballos que os galegos non queren e só un 32.8% se amosa a favor do tópico de que lle quitan postos aos nados aquí. Ademais, a enquisa tamén preguntou aos enquisados se consideraban que o aumento de inmigrantes favorece o aumento de delincuencia. Un 58.1% dixeron estar de acordo con esa posibilidade, por un 36.3% que rexeitaron a asociación de inmigración e delincuencia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: