Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CEN MIL MANIFESTANTES EN NÍXER E DANOS NA EMBAIXADA DANESA EN TEHERÁN

Catro afgáns morren nunha manifestación fronte á base da OTAN en Maimana

"A policía tivo que disparar", dixo un voceiro da policía afgá para explicar os 4 mortos e 18 feridos da manifestación que tivo lugar hoxe fronte á base da OTAN en Maimana. "A situación aínda non está controlada", según o Ministerio noruegués de Defensa, "pero sequera puidemos facer unha demostración de forza cos F-16" que axexaron pola zona. Algúns dos manifestantes utilizaron armas e granadas. Xa son once os manifestantes mortos -nove en Afganistán, un en Somalia e outro en Líbano- desque se radicalizou a polémica no mundo árabe pola crise das caricaturas de Mafomede. En Níxer manifestáronse máis de 100.000 persoas, mentres a embaixada danesa en Teherán sofreu danos tras un asalto con cócteles Molotov. Bono, que aconsella "prudencia", dixo que enviara cen soldados desprazados en Afganistán para protexer un edificio da autoridade rexional de Herat ante unha concentración de protesta. Os EUA fan chamamentos aos países árabes para que "rebaixen a tensión".

  • Anterior: A violencia provocada polas caricaturas de Mafomede causa as primeiras vítimas mortais
  • En Galego.org: Un nome galego, polas barbas do Profeta!

- 17:05 07/02/2006
Tags:


0/5 (0 votos)