Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MALIA QUE O GOBERNO ENDURECEU AS CONDICIÓNS, MANTEÑEN AS "VANTAXES ESTRATÉXICAS"

Gas Natural segue adiante coa súa OPA sobre Endesa

O consello de administración de Gas Natural aprobou continuar coa OPA sobre Endesa, malia as vinte condicións que impuxo o Goberno para autorizala, e decidiu manter o prezo da oferta en 21,3 euros por título da eléctrica. O presidente de Gas Natural, Salvador Gabarró, entende que os requisitos que fixou o Goberno son "sensiblemente máis duros cós que nós criamos dabondo", pero cre manter as "vantaxes estratéxicas, financeiras y competitivas" que motivaron a OPA. Cos vinte requerementos, o Goberno español autorizara o venres a OPA sobre o 100% de Endesa, que Gas Natural presentara en setembro de 2005. A operación hase substanciar en marzo.

- 19:05 06/02/2006
Tags:

Os requisitos que ten que cumprir agora Gas Natural son estruturais -13- e -7- de procedemento. En apreixamento e transporte de gas, Gas Natural liberará no mercado mediante subhasta pública, durante tres anos a partir de 2007, unha cantidade igual á importada no mercado estatal por Endesa en 2005.

Tamén deberá proceder á venda das participacións de Endesa nas regasificadoras Saggas S. A. e Reganosa S. A., e reducir a súa participación en Enagás ao 1%.

O Consello de Administración de Endesa xa decidiu recorrer ante o Tribunal Supremo a autorización gobernamental, por considerar que as condicións que se lle impoñen á operación fan "que careza de lóxica industrial e sentido económico". Según o conselleiro delegado de Gas Natural, Rafael Villaseca, as accións de Endesa están sobrevaloradas nun 23%".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: