Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FESTA DO 2 DE FEBREIRO

Pola Candeloria medio inverno vai fóra

Se a Candeloria chora vai o inverno fora; se rí, o inverno quer vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir. O refraneiro galego dedícalle uns cantos ditos ao 2 de febreiro, día da Candeloria. Trátase dunha modesta celebración relixiosa que consiste en levar velas á misa para que o crego as bendiga, e así o recolle a web Galicia Espallada a partir Breviario Enciclopédico de Eladio Rodríguez Gónzalez. Esta festa vai perdendo tradición en Galiza pero noutros países como os Estados Unidos mantense ben viva: é o famoso Día da Marmota, o animal que predi o tempo, e que dera pé á non menos famosa película. Cóntanolo acedre, blogueiro galego que está de paso nos EEUU. Na wikipedia galega non se acordan desta festa. Dicímolo por se algún voluntario internauta o quere solucionar.

- 11:27 02/02/2006
Tags:


0/5 (0 votos)