A intención do PSOE de aceptar a emenda de IU para que o novo Estatut valenciano rebaixe do 5 ao 3% a porcentaxe mínima de apoio electoral necesaria para acceder ao Parlamento da comunidade, abrollou coma obstáculo para o acordo esta semana. O PP viu claramente ameazada a súa actual maioría absoluta na cámara autonómica de ir adiante esa proposta, xa que nesas condicións, nas últimas eleccións dous partidos terían conseguido representación: o Bloc Nacionalista Valenciá e Unió Valenciana, que quedaron fora co 4.7% e o 3%. Finalmente, o Estatut non fixará esa cota que deberá ser acordada nunha lei posterior. A última hora do mércores, PSOE e PP debatían tamén sobre a expresión "idioma valenciano" e a posibilidade de subliñar expresamente a identificación desa lingua co catalán.