Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANTES DA XUNTANZA DO CONSELLO DE POLÍTICA FISCAL E FINANCIEIRA EN MADRID

Economía debaterá cos tres grupos parlamentarios a posición galega cara á reforma do financiamento

O goberno español convocou para o próximo martes o Consello de Política Fiscal e Financieira, foro onde lle vai poñer na mesa aos representantes dos gobernos autonómicos unha proposta cara á creación do grupo de traballo para a reforma do modelo de financiamento das comunidades autónomas. Diante do inicio dese proceso, o conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández Antonio, citou para este mesmo xoves aos tres grupos parlamentarios para falar do asunto. Confírmase así formalmente a vontade de definir unha postura consensuada, posibilidade na que xa insistiran desde os tres partidos, que na práctica facilitará o camiño no proceso de reforma do Estatuto galego.

- 07:26 02/02/2006
Tags:

"O modelo de financiamento vixente ten demostrado as súas deficiencias no que se refire á suficiencia financeira das administracións autonómicas", subliñan desde a consellaría de Economía ao fío deste proceso, lembrando a posición que publicamente ten defendido o conselleiro no sentido de que a reforma "é necesaria na medida en que non contempla o principio de suficiencia dinámica de tal xeito que co tempo foise formando un diferencial entre os recursos de natureza tributaria e os gastos necesarios nas comunidades autónomas en relación co nivel de competencias asumidas".

Nesa liña, o bipartito vén subliñando que á beira dos avances que se consigan cara a unha maior autonomía financieira e autonomía política, será clave o establecemento de mecanismos "para a asignación de recursos estean adaptados á realidade e necesidades de Galicia, como son os criterios de envellecemento da poboación y de dispersión xeográfica".

O proceso
Da reunión o martes que vén do Consello de Política Fiscal deberá saír un grupo de traballo formado por técnicos escollidos polas diversas administracións, aos que lles corresponderá concretar as propostas sobre financiamento territorial no marco das novas reformas estatutarias. A intención é que haxa un documento definido antes do verán e que o Consello se xunte outra vez cara ao mes de xuño para votar sobre o novo modelo posíbel.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: