Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APOSTASÍA

Renuncia masiva ao catolicismo no Camiño de Santiago

Arredemo vén de convocar unha "xuntanza apostática", fixada para o 4 de febreiro ás 17:00 horas no local de Burla Negra en Santiago (Santa Clara, 21). Unha xuntanza na que se vai debater unha nova acción da rede cultural que artella Arredemo que consistirá na realización do Camiño de Santiago, na vindeira Semana Santa, coa fin de facer entrega no arcebispado compostelán unhas solicitudes de apostasía. A mensaxe que se lanza de Arredemo para animar á participación de todos e todas aquelas que queiran participar resúmena na súa web do seguinte xeito: "calquera que non se sinta parte da multinacional Igrexa Católica S.L. pode borrarse das 'bases de datos' da sacrosanta empresa e deixar de contribuír dese xeito ás súas estratexias publicitarias, á súa liturxia social e aos seus obxectivos político-económicos".

- 11:31 01/02/2006
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: