Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN TOTAL DE 1.500 OPERARIOS LIMPARÁ OS MONTES DESDE FEBREIRO ATÉ O FINAL DO VERÁN

As novas gavillas forestais comezan o traballo antes da primavera

Máis de 1.500 axentes forestais limparán os montes galegos até setembro. 600 novos operarios, xeralmente fixos discontinuos, permanecerán activos até que remate o verán. Medio Rural prepara tamén un decreto que obrigará os concellos a manter limpa un área de 25 metros arredor das vivendas situadas onda zonas forestais (ampliable a 100 se converxen depósitos e outras instalacións de risco). En palabras do director xeral de Montes, Alberte Blanco: "É mellor gastar máis diñeiro en labores de vixilancia e de prevención, que en apagar os lumes". Suárez Canal anunciou que este mes coñeceremos "o potente dispositivo" de prevención de incendios forestais, "con actuacións de tipo normativo, de limpeza e de valorización do monte en colaboración cos concellos".

- 11:39 01/02/2006
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: