Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CAMPAÑA A PROL DE UNHA REBAIXA NO IVE PARA O ACCESO Á REDE

Por unha internet máis barata

Un grupo de usuarios da rede ven de lanzar a páxina web ¡Internet ao 7% XA! na que promoven unha campaña que solicita unha rebaixa do IVE nos accesos a internet. A iniciativa xorde da decisión do goberno de rebaixar ese imposto do 16 ao 7% na televisión de pago co obxectivo de promover a dixitalización da sociedade. A web conta cun manifesto no que defenden que esta tamén sería unha medida importante para contribuír á difusión da Sociedade da Información, e están a recoller asinaturas que respalden a iniciativa. Varias webs e colectivos recollen e defenden a proposta, pola que xa asinaron máis de 1.000 persoas.

- 12:40 31/01/2006
Tags:


0/5 (0 votos)