Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BAIXA O PARO NO ÚLTIMO ANO MALIA A SUBA DO ÚLTIMO TRIMESTRE

Galiza é a única comunidade que non gañou traballadores en 2005

O desemprego caeu en Galiza en 2005 canda a media do Estado e mesmo unhas décimas máis, un 11.4%, o que supón 18 mil persoas menos no paro. Así e todo, a evolución virou negativa no treito final do ano, cun 4.23% máis de paro rexistrado, porcentaxe similar á estatal. Á beira, e segundo as cifras do Instituto Nacional de Estatística, INE, Galiza ofrece o menor aumento de poboación ocupada a nivel estatal nos últimos doce meses, apenas un 1.5%, moi por baixo da media do 4.5%.

- 12:07 27/01/2006
Tags:

A taxa de desemprego baixou en 2005 ao 9.13% en Galiza malia a suba do paro no último trimestre. As cifras da Enquisa de Poboación Activa recollen en Galiza un total de 114.300 parados na fin de 2005. Iso supón unha diminución de 18.200 respecto ao mesmo trimestre do ano anterior, un 11.4% menos de paro. Pola contra, no detalle dos datos dese último trimestre de 2005, vemos 4.600 persoas máis desempregadas, incremento do 4.23% respecto ao trimestre anterior.

En porcentaxes variábeis todas as autonomías aumentaron a súa poboación activa nos últimos doce meses, media estatal que queda no 3.2% e que só amosa unha evolución negativa en Galiza, cun recurte de xente en idade de traballar do 0.14%, o que supón 1.700 persoas menos ca o ano anterior. En canto a poboación ocupada, o aumento foi o menor do Estado, cun 1.49%, é dicir, 16.500 traballadores máis.

Por provincias, A Coruña suma o maior número de parados, 48.300, quedando nunha taxa do 9.19%. Pontevedra acumula 42.300 persoas desempregadas, taxa do 9.62%, e a continuación Lugo e Ourense teñen respectivamente 11.100 e 12.300 parados, con taxas do 7.32% e o 9.30%.

A nivel estatal, o número de parados subiu en 76.200 persoas até un total de 1.841.300 desempregados. Iso deixa a taxa total en trés décimas máis ca no penúltimo trimestre de 2005, un 8.7%. Mirando a evolución ao longo dos doce meses, un total de 239.800 sairon do paro nese período.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: