Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O "MOVEMENTO DA RESISTENCIA ISLÁMICA" VENCE NAS ELECCIÓNS

Dimite o goberno palestino para facilitar que Hamás forme un novo executivo

"Voulle presentarlle a miña demisión ao presidente Abú Mazen e Hamás será o encargado de formar un novo goberno. O partido que conseguiu a maioría debe formar goberno". Así o vén de explicar o primeiro ministro palestino, Abú Ala. As últimas novas que chegan da zona avanzan que o actual executivo en pleno presentou xa a dimisión e que o propio Mazen a aceptou. Aínda que os resultados finais ían ser publicados ás 9h deste xoves, a Comisión Electoral adiou sen explicar o motivo a presentación dos datos para as 18h, hora galega. A axencia France Press cita fontes da propia comisión que confirmarían a vitoria de Hamás.

  • Anteriores: Os primeiros recontos agoiran maioría absoluta para Hamás nas eleccións palestinas
  • A Ihad pide o boicot das eleccións palestinas e os EUA din que non aceptarán un goberno con membros de Hamás
  • Última hora: Haaretz, Jerusalem Times e Wafa
  • - 12:26 26/01/2006
    Tags:


    0/5 (0 votos)