Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEXISLATIVAS EN PALESTINA

As enquisas a pé de urna danlle a Al Fatah unha pequena vantaxe sobre Hamás

Tanto o partido de Abú Mazen, Al Fatah, coma Hamás, que acudía por vez primeira a estes comicios logo de telos boicoteado anteriormente, celebraban publicamente a última hora do mércores a súa presunta victoria nestes comicios. Así e todo, a primeira sondaxe a pé de urna coñecida agoiraba 63 dos 132 asentos para Fatah e 58 para Hamás. Unha proxección posterior prognosticaba que o reparto respectivo sería de 58 e 53 para cada unha destas formacións. Ao longo deste xoves coñeceranse os resultados definitivos que en todo caso apuntan a un posíbel goberno de coalición. E por outro lado, chega un novo prognóstico sobre as próximas eleccións israelís: a última sondaxe dálle 44 escanos ao Kadima, por 21 para os Laboristas e 14 ao Likud.

  • Anteriores: A Ihad pide o boicot das eleccións palestinas e os EUA din que non aceptarán un goberno con membros de Hamás
  • A alta participación nas eleccións palestinas podería favorecer a Al Fatah
  • Última hora: Haaretz, Jerusalem Times e Wafa

- 06:47 26/01/2006
Tags:


0/5 (0 votos)