Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SOLICÍTALLE A TOURIÑO QUE INTERCEDA ANTE A ADMINISTRACIÓN CENTRAL

A Comisión pola Memoria pide a devolución dos documentos galegos sobre a guerra que se atopan en arquivos españois

A Comisión Viguesa pola Memoria do 36 vén de pedir nun comunicado a devolución dos documentos relacionados coa Guerra Civil e coa loita antifranquista, que se achan repartidos entre diferentes arquivos en Madrid, Salamanca ou Alcalá de Henares, e que a asociación considera "patrimonio histórico do pobo galego". Para iso solicitaralle ao presidente da Xunta que xestione coa Administración central a elaboración dun inventario dos documentos referentes a Galiza entre o 1936 e o 1939, e durante o período posterior da ditadura, e tamén pedirá que o parlamento autonómico se pronuncie a favor desta devolución. Así mesmo, demandan a creación dun "Arquivo e Museo da Resistencia de Galiza", onde se centralice toda a información histórica relacionada coa guerra e coa represión da ditadura. Esta comisión xa lle solicitara esta devolución anterior presidente da Xunta unha semana antes das eleccións do 19-X.

- 20:02 25/01/2006
Tags:


0/5 (0 votos)