Para alguén pode ser peculiar que os campionatos galegos de loita libre olímpica se desputen en Vila de Cruces. Ou que os tres primeiros equipos de Galiza sexan de Vilalba, Vila de Cruces e Chantada. Pero ese triángulo interior é onde xermola con forza o deporte da loita, que esta fin de semana pasada viviu os seus campionatos e que se prepara para o estatal de Sagunt, o 4 e 5 de febreiro.
O campionato galego celebrado o 21 de xaneiro na Vila de Cruces acolleu uns 90 loitadores de 23 clubes distintos de toda Galiza. Unha capacidade descoñecida para un deporte que pasa discretamente polas axendas deportivas, pero que conta en Galiza con varios títulos estatais. De feito, Galiza foi a segunda potencia de todo o estado nos últimos campionatos, e no ránquin de autonomías figura na terceira posición.
Todo isto a quince días de que se celebren en Sagunt (Valencia) os estatais das dúas especialidades, libre olímpica e grecorromana. As previsións para este campionato non son optimistas: a xeración de deportistas que levantaron estas prácticas no país están chegando á idade madura e chega o momento de dar o relevo. Porén os rapaces cadetes e iúniores están a ter unha grande melloría, de forma que compoñen practicamente a metade do equipo galego que acudirá a terras valencianas. As contas bótanse e saen dous anos para que estean no cumio da súa preparación: quizá os Xogos de Beixín 2008 poidan ver un loitador galego sobre o tapiz, algo inédito dende Seúl 1988.
CAMPIÓNS POR PESOS
GRECORROMANA - INDIVIDUAL
55 Kg. Raúl Pereira Martínez (Castro-Vigo)
60 Kg. Rubén Méndez Lois (Keltoi-Vila de Cruces)
66 Kg. Iván Lois Pampín (Keltoi-Vila de Cruces)
74 Kg. Paulo Pintos Figueroa (Castro-Vigo)
84 Kg. Ramón García Sueiro (Keltoi-Vila de Cruces)
96 Kg. Xacobe Novoa Corzo (Atila-Ourense)
120 Kg. Marcos Veiga López (Vilalba)
GRECORROMANA - EQUIPOS
1º. Club Keltoi de Vila de Cruces
2º. Club Vilalba
3º. Club Castro de Vigo
LIBRE OLÍMPICA - INDIVIDUAL
55 Kg. Raúl Pereira Martínez (Castro-Vigo)
55 Kg. feminina. Diana Núñez Marcuño (O Calvario - Vigo)
60 Kg. Iago Rey Oliveira (Chantada)
66 Kg. Iván Lois Pampín (Keltoi-Vila de Cruces)
74 Kg. Miguel Masciopinto Frende (Kuzushi-Vigo)
84 Kg. Marcos Miragalla Lama (Vilalba)
96 Kg. Xacobe Novoa Corzo (Atila-Ourense)
120 Kg. Xosé Cuba Vázquez (Vilalba)
LIBRE OLÍMPICA - EQUIPOS
1º. Club Vilalba
2º. Club Chantada
3º. Keltoi de Vila de Cruces