Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGUNDO A TEORÍA DUN PSICÓLOGO GALÉS

Canadá celebra eleccións no 'día máis deprimente do ano'

É luns, vai frío, é final de mes, costa de xaneiro, veulle a factura da VISA do pasado nadal e posibelmente hai tres semanas que tentou deixar de fumar -ou calquera outro mal hábito- sen conseguilo. E por riba se é vostede canadense ou quebequés vai ter que ir votar. A prensa de aquel país faise estes días eco dun estudo do doutor Cliff Arnall, psicólogo da Universidade de Cardiff, no que asegura que o 23 de xaneiro é o peor día do ano. Conclusión esta á que chegou logo de conxugar varias variabeis como as citadas ao principio. No Canadá hoxe é día de eleccións e dende o Partido Liberal cren que efectivamente "este será o día máis deprimente para todo o mundo agás para o gañador", se se cumpren os prognósticos e o conservador Stephen Harper se fai co poder logo de doce anos de goberno liberal. Algúns dos nosos veciños tamén tiveron días mellores.

- 17:27 23/01/2006
Tags:


0/5 (0 votos)