Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MANTÉN "NACIONALIDADE" NO ARTICULADO

PSOE e CiU acadan un acordo global que incluirá o termo "nación" no preámbulo do Estatut

Logo dunha xuntanza de máis de 6 horas no Palacio da Moncloa, Zapatero e Artur Mas chegaron o sábado pola noite a un acordo global sobre os puntos máis conflitivos da negociación sobre o Estatut catalán, que reparte salomonicamente os termos que definen Cataluña como "nación" no preámbulo (sen valor xurídico) e como "nacionalidade no articulado" no texto, tal como figura no Estatut actual. En canto ao financiamento, o Estado cederalle á Generalitat o 50% dos impostos (IRPF, IVE e especiais) en lugar do 100% que pretendía a proposta do novo Estatut. Na última fase da negociación non participaron os líderes de ERC, cos que Zapatero se reúne este mediodía para informalos sobre o acordo pactado, mais algúns dirixentes republicanos xa manifestaron o seu desacordo co que cren un "aproveitamento político" por parte de CiU.

- 12:40 22/01/2006
Tags:

Para esta tarde está previsto que Artur Mas compareza en Barcelona para explicar os detalles do acordo. O PSC tamén se reunirá para valorar a nova situación, mais Pasqual Maragall xa manifestou nun comunicado que "hoxe é un gran día" para Cataluña e que "a España plural está garantida".

Pola súa parte, ERC decidiu manter unha postura de prudencia até coñecer os detalles sobre o acordo, logo de xantaren Carod Rovira e Joan Puigcerdós co presidente Zapatero este mediodía. A formación independentista manterá hoxe unha reunión dos seus principais dirixentes para decidir a estratexia do partido. Aínda así xa hai primeiras valoracións, como as de Joan Riado e Josep Bargalló, que calificaron o acordo de "si precipitado de CiU ao PSOE", ao que ERC non se sente vinculado.

Máis información en Vilaweb e en Vieiros Barcelona.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: