Chega este venres un punto de inflexión para os concellos galegos coa sinatura oficial do Pacto Local, unha longa negociación acelerada nos últimos meses. Cualificada de "paso histórico" polo presidente da Xunta, e gabada coma "clave para o municipalismo" polo presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias. Emilio Pérez Touriño e Xosé Crespo foron os encargados de botarlle sinatura a un documento definido coma "o primeiro gran pacto do goberno". As comisións mixtas que a partir de agora se constituirán, terán o encargo de definir polo miúdo os detalles dos servizos asumidos polos concellos aínda sen ser da súa competencia e as asignacións concretas de recursos económicos.
Anterior: