Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RESTRÍNXELLES ADEMAIS A LIBRE CIRCULACIÓN NA UE

O Parlamento Europeo négalles o dereito ao voto aos inmigrantes legais

Os eurodeputados tiñan esta semana na mesa un informe da Unión Europea onde se subliñaba favorablemente a posibilidade de que os inmigrantes legalmente rexistrados puidesen votar nas eleccións locais e nos comicios europeos. Malia que a Eurocámara xa dera pasos anteriormente de cara á aprobación desta medida, que tería como requerimento para o cidadáns chegado de fóra da UE un mínimo de cinco anos cos papeis en regra, este martes rexeitou o plan. Lembrámoslles que unha ducia de eurosocios, Irlanda ou Austria son exemplo, xa lle recoñecen a nivel estatal ese dereito á inmigración no caso das eleccións locais. Desta volta, o peso dos grupos conservadores no Parlamento Europeo deu nun resultado de 347 votos en contra diante dos 276 que votaron a prol de recoñecer o dereito.

- 09:37 18/01/2006
Tags:


0/5 (0 votos)