Logo das críticas que recibiu o secretario de comunicación do PP, Gabriel Elorriaga, por dicir que as declaracións do militar que amezaou con levantar o Exército contra o Estatut catalán eran "inevitabeis", o presidente do partido insiste en que pronunciamentos deste tipo "non acontecen porque si", senón que se deben á "inquietude" creada na sociedade pola reforma do Estatut. Rajoy chegou a dicir que Zapatero "está a xogar á ruleta rusa" e que pídelle a Bono que acuda ao Parlamento a explicar "que fan el e mais o presidente del Gobierno para que haxa declaracións coma estas que non ocorrían en España dende hai 21 anos".

De todos xeitos Mariano Rajoy foi tallante á hora de condenar o comportamento de Mena Aguado apelando ao cumprimanto da lei,que "non lles permite aos militares facer declaracións coma estas", mais rematou centrando a culpa sobre Bono e preguntándose "que tipo de control" exerce sobre o Exército, xa que "Mena non é un militar normal" senón que foi nomeado número dous do Exército de Terra polo Consello de Ministros.
Paco Vázquez
En termos moi similares expresouse o alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, ao afirmar que "algo terá o Estatut cando xera tanta inquietude" en declaracións a Punto Radio, onde tamén defendeu a sanción a Mena pois "os militares teñen vetado facer declaracións políticas e cunha interpretación sesgada".
Vázquez rematou por dicir que "España non ten quen a defenda; parece como que o que fala de España é un apestado do réxime franquista e dóeme cando se dá na esquerda, que é quen aporta a nómina de patriotas maior. Pero é consecuencia dos excesos aos que estamos sometidos por parte dos nacionalistas".