"Non pode haber unha diferencia tan importante entre un traballador indefinido, que lle custa unhas cantidades tremendas en canto sobra a súa prestación na empresa e un empregado que practicamente non lle custa nada á empresa". Así se referiu en entrevista para a Cadena Ser o presidente da Confederación de Empresarios de Galiza. Nesa liña, Antonio Fontenla recoñecía que na actual situación sociolaboral "hai traballadores de primeira e de terceira", malia queixarse de que ao empresariado galego "cústalle moito contratar traballadores indefinidos porque as condicións son distintas das que hai en Europa". Fontenla comentou tamén a necesidade de que "os últimos fondos que recibirá Galiza da UE" sexa investidos "en temas moi produtivos e vitais para o desenvolvemento e a riqueza da nosa comunidade". Referiuse ao fío ás eivas en formación e en I+D que na súa opinión tén Galiza.
Anteriores: