Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BALANZO DA SINISTRALIDADE

Quince mortos nas estradas galegas durante o Nadal

Desde o pasado día 23 de decembro e deica este domingo, período durante o cal a Dirección Xeral de Tráfico mantivo en funcionamento a chamada Operación Especial de Nadal para o control da circulación, morreron en accidentes nas estradas galegas un total de 15 persoas. Estes números poñen a Galiza no quinto posto respecto ao total de comunidades en canto a falecidos no coche estes días, nunhas semanas onde a suma a nivel estatal acadou os 169 falecidos, máis de trinta por riba dos datos do ano anterior. A veciña Asturias foi neste tempo unha das únicas dúas comunidades, xunto á Rioxa, onde non houbo mortes na estrada. Galiza aparece tamén en cuarto lugar en canto ao número de accidentes graves estes días, cun total de 14.
Anteriores:

  • Mantense a alta taxa de sinistralidade nas estradas galegas
  • En Vieiros Barbanza: Suxiren suprimir os carrís para vehículos lentos na Vía Rápida do Barbanza

- 07:39 09/01/2006
Tags:


0/5 (0 votos)