"Foron unhas declaracións extemporáneas, fóra de lugar e improcedentes dun alto mando do exército, moi excepcionais porque rachan e alteran o sentido plenamente constitucional do alto mando militar". Así se referiu o presidente da Xunta ás declaracións do tenente xeneral Mena en resposta ás preguntas do Faro de Vigo. Touriño dixo estar seguro de que na sociedade hai "tranquilidade e confianza plena no funcionamento de todas as institucións democráticas", malia o que cualificou de "alarmismos e tensión que xera o PP". Sobre o mesmo tema, o vicepresidente da Xunta comentaba este domingo que este tipo de declaracións son "propiciadas polo patrioterismo da dirección do PP e dalgún responsábel do PSOE a nivel estatal". "Ao Estado sóbranlle defensores da patria e da Constitución que logo son os primeiros en non cumprila", laiouse Anxo Quintana.
Anteriores: