Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UXT CRITICA A DIFERENZA ENTRE OS DATOS DO DESEMPREGO E A EPA

E o paro baixa o 3,25 por cento

Galiza foi a cuarta comunidade autónoma na que máis baixou o paro durante o ano pasado, con 6.004 desempregados menos e un conseguinte descenso do 3,25 por cento, tal como vén de anunciar a Consellaría de Traballo. Porén, en decembro fomos o país no que máis creceu o desemprego, un 3,38 por cento, cun total de 5.838 persoas sen traballo. Os números absolutos din que ao peche de 2005 no noso país hai 178.676 parados.

- 12:51 03/01/2006
Tags:

Os números facilitados polo Servizo Galego de Colocación achegan outra serie de datos significativos, como que o aumento do desemprego en decembro deuse principalmente nos sectores da industria e da construción, así como o descenso do paro rexistrado nas mulleres menores de 25 anos, con 128 desempregadas menos que en novembro.

A Consellaría sinala que malia comportamento do pasado mes de decembro no que se produciu un incremento no número de desempregados de 5.838 persoas. Na evolución deste mes nos últimos anos observase que se trata dun período no que se producen ascensos significativos do paro rexistrado.

Este dato correspóndese co comportamento do conxunto do Estado no que se produciu un ascenso de 7.357 desempregados durante o mes de decembro, o que en termos porcentuais representa un ascenso do 0,35%, situando o número de parados en España en 2.102.937 persoas.

Aínda así consolídase na nosa comunidade o descenso da taxa interanual que rexistra unha notable baixada no número de desempregados, diminuíndo en 6.004 persoas. Galicia reduce o paro rexistrado interanual nunha porcentaxe de 3,25%, moi por riba da media do Estado que se sitúa nun 0,46%, é dicir, nos últimos doce meses en Galicia o paro rexistrado descendeu un 3,25% mentres que no conxunto do Estado esa diminución foi do 0,46%.

Diferenza de 70.000 persoas coa EPA
A central UXT láiase do comportamento "negativo" do mercado sociolaboral galego salientando a cifra do aumeno do paro en decembro, e por outra banda critica que "as diferenzas entre paro rexistrado (178.676) e os datos da Enquiesa de Poboación Activa, EPA, (109.600) seguen a ser abismais, case 70.000 persoas". Para a UXT "urxe corrixir" este desfase "para ter unha visión real da conxuntura laboral desta comunidade que permita adoptar medidas de corrección axeitadas en cada momento".

Ademais o sindicato denucia a "precariedade" que segue dominando o mercado laboral galego, pois dos 791.228 contratos acumulados a mes de decembro, só o 8,83 por cento foron de carácter indefinido, é dicir, 69.860. O 91,17 por cento dos contratos asinados en Galicia ao longo de 2005 foron temporais. Para a central, isto indica tamén un alto índice de rotación na contratación, son moitos os traballadores galegos que ao longo de 2005 asinaron varios contratos, polo tanto, de curta duración, o que evidencia pouca estabilidade.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: