Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INICIATIVA PARLAMENTARIA DO BNG

Proposta no Congreso para anular o Consello de Guerra que ditou a sentenza de morte de Bóveda

"No noso país a indefensión do pobo ante o exército foi total e absoluta. Isto explica por que aquí hai muitas máis foxas comúns do que en calquer outra nación ou rexión do Estado", afirmou este luns Francisco Rodríguez. O deputado do BNG no Congreso presentou unha proposición non de lei na que se lle pide ao Estado que en colaboración co goberno galego "rehabilite publicamente a figura de Alexandre Bóveda, como símbolo da Galiza martirizada polo levantamento militar de 1936".

- 07:37 03/01/2006
Tags:

"Para que 2006 sexa verdadeiramente o ano do comezo da memoria histórica de Galiza, urxe dixitalizarmos os fundos documentais do Arquivo da Rexión Militar do Noroeste, no que se conten a documentación das causas seguidas contra miles de demócratas e antifascistas, a comezar por Alexandre Bóveda", propuxo Francisco Rodríguez, lembrando que o goberno vasco xa iniciou medidas nese sentido que o propio presidente do goberno español prometera a anulación do xuízo que en 1940 decidira a execución do presidente republicano catalán Lluis Companys.

"Este debe ser o ano no que se acabe definitivamente co silencio, o medo e a vergoña que aínda hoxe arrodea o período histórico marcado polo asalto dos fascistas españois contra a República, contra a democracia, contra o avance social e contra unha concepción do Estado español como plurinacional", dixo o deputado nacionalista galego.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: