Ao tempo que o goberno español gaba a redución a nivel estatal no número de accidentes e mortes nas estradas durante o pasado 2005, a estatística pon a Galiza entre a media ducia de comunidades onde as vítimas subiron respecto ao ano anterior. Así, e segundo os datos da Dirección Xeral de Tráfico, un total de 284 persoas morreron nos últimos doce meses nas estradas galegas, unha máis ca en 2004, nun total de 247 accidentes mortais. Nas últimas horas, outras catro persoas morrían nas estradas galegas, dúas nun accidente producido preto de Rianxo na vía de alta velocidade do Barbanza, unha en Ponteareas e outra na altura de Cabana de Bergantiños.